Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Os servizos xurídicos de CCOO logran o recoñecemento da relación laboral de 167 falsos autónomos dun matadoiro lugués

  • O Xulgado do Social n.º 2 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os «socios traballadores» que a empresa Servicarne mantiña traballando en SADA P. A. Castilla Galicia
  • CCOO levou todo o peso no proceso, como chegou a indicar a xuíza convidando os restantes letrados a abandonaren o xuízo se se limitaban a adherirse aos argumentos deste sindicato

A Federación de Industria de CCOO de Galicia gáñalle a batalla a SADA P. A. Castilla Galicia, responsable do matadoiro de Castro de Ribeiras do Lea, no concello lugués de Castro de Rei. O Xulgado do Social n.º 2 de Lugo declara a existencia de relación laboral entre os 167 «socios cooperativistas» que a empresa Servicarne, considerada unha falsa cooperativa, ten traballando nesas instalacións.

27/05/2020.
CCOO logra regularizar 167 falsos autónomos no Grupo SADA

CCOO logra regularizar 167 falsos autónomos no Grupo SADA

A decisión do xulgado lugués susténtase nas argumentacións do letrado Enrique Lillo, membro dos servizos xurídicos confederais de CCOO, quen levou o peso do xuízo. Tal foi así, que a xuíza lles manifestou aos restantes avogados que, se unicamente se adherían aos argumentos deste sindicato, podían abandonar o xuízo se así o desexaban.Os avogados de CCOO Enrique Lillo e Teresa Burgo demostraron perante a xuíza a rede que SADA e Servicarne utilizaban para obter man de obra barata e con escasos dereitos laborais. Na súa sentenza, María del Carmen Rodríguez Alonso tamén fai referencia ao caso contra a empresa leonesa Embutidos Rodríguez, gañado igualmente por este sindicato, no que se logrou a regularización de máis de catrocentos falsos autónomos.Tamén lles reprocha aos outros letrados que non fosen ao fondo da cuestión nas súas argumentacións, xa que non se trata dunha cesión ilegal de traballadores e traballadoras, senón dunha fraude de lei con todas as súas consecuencias.Campaña de CCOOEsta sentenza chega grazas á campaña iniciada hai máis de dous anos por CCOO en todo o Estado, que logrou a regularización de centos de falsos autónomos, a maior parte dos cales prestaban servizos a través de Servicarne. Precisamente, o labor sindical logrou que o Ministerio de Industria lle retirase a condición de cooperativa a esta empresa, que se dedicaba a fornecer man de obra a diferentes matadoiros.Xa a comezos deste mesmo mes de maio, os servizos xurídicos de CCOO lograron outra importante vitoria, desta vez no Xulgado do Social n.º 3 de Lugo, co recoñecemento da relación laboral entre máis de 250 falsos autónomos de Servicarne e a empresa para a que traballaban, Novafrigsa, filial do Grupo Coren.